A web oficial do concello de Carballo

Medrando con Apego: O outono entre as mans

07/10/2026
17:00
Escolas do Xardín Agra de Caldas

O programa Apego continúa o mércores 7 de outubro coa proposta O outono entre as mans, un obradoiro familiar de creación con elementos naturais que impartirá Carmen Cambre Blanco nas Escolas do Xardín Agra de Caldas.

A actividade permitirá ás crianzas experimentar con follas, flores, sementes e outros elementos da natureza para crear composicións inspiradas nas cores, formas e texturas do outono. Unha maneira de estimular a creatividade e a experimentación ao tempo que familias e crianzas comparten unha experiencia en galego.

«O outono entre as mans» está dirixido a nenos e nenas de 1 a 4 anos. As prazas son limitadas.

A actividade forma parte da programación do segundo semestre de Apego, o programa de acompañamento ás familias que queren criar os seus fillos e fillas con apego á lingua galega e que este ano celebra o seu décimo aniversario.

A participación é de balde, previa inscrición no formulario inferior.

Esgotado

Non hai campos definidos para este produto.