#34 FIOT | ESTREA ABSOLUTA
Un estudante chega a unha residencia xeriátrica. Un acordo coa universidade permítelle vivir alí sen pagar alugueiro, a cambio de compartir tempo cos residentes. Mais esta experiencia rematará por mudalo profundamente. Un xiro inesperado, unha aprendizaxe bidireccional, unha ponte entre xeracións.
Inspirada nun feito real acontecido nos Países Baixos, “O novo” conxuga o clown coa emoción, a poesía coa risa, para ofrecer unha peza íntima, sincera e necesaria sobre a convivencia, a escolla e o que significa realmente vivir acompañadas. Unha historia onde se tecen encontros e se desfán prexuízos, unha chamada a recoñecer no outro a nosa mellor versión.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.