A web oficial do concello de Carballo

M2: “Gracias por su visita” de Uxía Algarra

25/10/2025
12:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | ESTREA ABSOLUTA

Un bar calquera. Unha camareira que recolle os restos do día. Un brinde inesperado. E de súpeto, todo se transforma. O público asistente mergullarase nun universo onde o cotián elévase, o doméstico vira mitolóxico e os obxectos cobran vida para abrirnos as portas dun paraíso tan irónico como poético. “Gracias por su visita” mestura o teatro de obxectos co teatriño tradicional de monicreques nun espazo escénico no que tamén é personaxe: o Café-Bar Paraíso.

Unha creación íntima e artesanal onde estropallos, copas e ananás convértense en criaturas místicas, e a camareira devén en deusa, xogando co límite entre o real e o soñado, o meme e o mito, o esquecemento e a memoria. Unha peza que pon en valor o teatro de obxectos e re-inventa o relato universal desde a desmitificación dos elementos. na que a decadencia lle dá a man ao divino.

  • Sábado 25 de outubro
  • 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h.
  • Terraza Pazo da Cultura
  • Entrada de balde
  • Capacidade: 15 persoas
  • Duración: 20 minutos
  • Todos os públicos

Non hai campos definidos para este produto.