#34 FIOT | ESTREA ABSOLUTA
Domitila soñaba con aprender a tocar a guitarra. Bailaba soa nas festas da aldea. Escoitaba, sentía, resistía. Unha muller galega que viviu perseguida por apoiar a guerrilla republicana. Unha vida rota pola guerra, mais tamén tecida de arte, afectos e liberdade interior. Domitila é unha homenaxe escénica á súa memoria e á de tantas outras mulleres silenciadas. Un solo íntimo, sensíbel e comprometido, onde corpo, palabra e música dialogan para dar voz ao esquecemento e traer ao presente un pasado que nos interpela.
Unha proposta que nace do relato oral e da emoción, e que toma forma escénica para lembrar, advertir e resistir desde o artístico. Unha simbiose entre a intérprete e a personaxe, entre o recordo e a creación.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.