A web oficial do concello de Carballo

M2: “Covers2” de Corifeo Teatro

18/10/2025
12:00
Cafetaría Pazo da Cultura

#34 FIOT | ESTREA ABSOLUTA

Unha cea de aniversario. Un home e unha muller. Un bar. Todo parece normal… ata que non o é. Ela non é ela, é unha cover. Unha substituta enviada por unha empresa que ofrece persoas para cubrir eventos sociais no lugar dos seus clientes. A partir deste punto de partida absurdo, Covers2 mergúllanos nunha comedia tráxica sobre a despersonalización, a soidade e os límites da representación social. Porque quizais o que máis doe non é que nos substitúan… senón que ninguén note a diferenza.

Nesta versión especialmente creada para Metro Cadrado, o público convértese nun comensal máis desta situación surrealista. A intimidade do espazo e a proximidade coa acción fan que cada espectador sexa testemuña directa dun xogo de identidades, mentiras e soidades contemporáneas.

  • Sábado 18 de outubro
  • 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h.
  • Terraza Cafetaría Pazo da Cultura
  • Entrada de balde
  • Capacidade: 7-8 persoas
  • Duración: 20 minutos
  • Público adulto

Non hai campos definidos para este produto.