A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Laboratorio de Coro Teatral LoitaMADRE: participa nunha experiencia teatral profesional

24/10/2026
10:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | Queres participar nunha experiencia teatral profesional e colaborar cunha compañía de referencia na creación do seu espectáculo? LoitaMADRE é o novo proxecto de ButacaZero. Partindo da loita das nais contra a droga en Galicia e de movementos como Érguete, analiza as grandes loitas históricas de nais e pon en valor as heroínas cotiás que logran o cambio desde abaixo.

Tras un longo proceso de investigación e escritura no que aínda están inmersos, a compañía propón a un grupo de nais carballesas explorar xuntas como configurar a montaxe para que as nais de cada localidade, de cada teatro, se incorporen a cada representación a modo de tecido coral, construíndo unha voz colectiva sobre o escenario. Queremos que esta ambiciosa proposta forme parte da programación do FIOT 2027 e que o público do FIOT poida ir coñecéndoa desde dentro, así como contribuír ao proceso de construción do espectáculo.

ButacaZero é a plataforma creativa da dramaturga e actriz Esther F. Carrodeguas e do director Xavier Castiñeira, que propón un diálogo coa actualidade desde unha mirada crítica e irónica.

  • Sábado 24 de outubro
  • De 10.00 a 13.00 h.
  • Pazo da Cultura
  • Destinado a nais
  • Participación de balde con prazas limitadas. Recoméndase inscrición previa en <fiot.carballo@gmail.com>.
  • Co patrocinio de Camino Escena Norte.

Non hai campos definidos para este produto.