A web oficial do concello de Carballo

Audicións do CMUS Carballo para o mes de maio

Do 25/05/2026 ata o 01/06/2026
Horario Adaptado
Pazo da Cultura

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo ofrecerá a partir do 25 de maio unha serie de audicións musiciais abertas ao público. Aquí tes o calendario:

  • Luns, 25 de maio:

    • 18:00 h – audición de percusión na aula de conxunto instrumental.

  • Martes, 26 de maio:

    • 17:30 h – audición de saxofón no salón de actos.

    • 19:00 h – audición de trombón no salón de actos.

  • Mércores, 27 de maio:

    • 17:00 h – audición de trompa e acordeón no salón de actos.

    • 19:00 h – audición de frauta no salón de actos.

  • Xoves, 28 de maio:

    • 17:00 h – audición de clarinete no salón de actos.

    • 18:00 h – audición de violín grao elemental no salón de actos.

    • 18:00 h – ceremonia graduación iniciación no auditorio.

    • 19:30 h – audición de violín grao profesional no salón de actos.

  • Venres, 29 de maio:

    • 17:30 h – audición de violoncello no salón de actos.

    • 19:00 h – audición de viola no salón de actos.

  • Luns, 1 de xuño:

    • 19:00 h – audición de piano no salón de actos.

Con esta ampla oferta, o CMUS Carballo reafirma o seu compromiso coa formación musical e convida a toda a comunidade a gozar do esforzo e o talento do seu alumnado.

Non hai campos definidos para este produto.