#35 FIOT | O xoves 1 de outubro inauguramos a exposición ZOOM FIOT 2025, unha ollada privilexiada ao corazón dos espectáculos da anterior edición do Festival Internacional Outono de Teatro a través dunha selección de imaxes que capturan a esencia e parte da cara menos visible do festival, inmortalizando momentos únicos que o público non pode ver. Os fotógrafos participantes nesta mostra son: Antonio Fernández, J. Juan Pérez, Criss Becerra, J. Manuel Pérez, Daría García, María Barca e Marcos Rodríguez.
Achégate e descubre, a través das súas fotografías, outra mirada sobre o FIOT e sobre todo aquilo que sucede máis alá do escenario.
📷 ZOOM FIOT da edición de 2025 | © Vanessa Rábade
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.