Verdillo acolle o sábado 25 de outubro e o sábado 1 de novembro a segunda edición de ENTEAR, II Encontros Teatrais de Arume, coa presenza da escola de teatro da Asociación Xuvenil Arume e do Grupo de Teatro Badius de Baio.
25 de outubro | 19.00 h e 19.30 h.
Dobre función da Escola de Teatro da AX Arume, a primeira co grupo infantil con O grúfalo e a segunda coa sección de adultos con Toc, toc. Quen é o último?
1 de novembro | 19.30 h
Única sesión a cargo do Grupo de Teatro Badius con O parvo.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.