O Concello de Carballo, a proposta do Consello Deportivo Municipal, organiza para os días 9, 10 e 11 de xuño as I Xornadas de formación para entidades deportivas. O obxectivo do curso é fortalecer a capacidade de xestión dos clubs a través da mellora da preparación legal e organizativa e do coñecemento das obrigas documentais e fiscais, polo que está dirixido a persoal directivo e técnico.
As sesións celebraranse no auditorio do Fórum Carballo ás 20.00 horas. O programa é o seguinte:
Xestión de riscos: protocolo antiviolencia nos clubs deportivos
Jorge Méndez Lamas, especialista en prevención da violencia no deporte. Conta cunha ampla experiencia en formación e aplicación de protocolos antiviolencia en entidades deportivas.
A estrutura do ecosistema deportivo
Eduardo Blanco Pereira, licenciado en Educación Física e Doutor en Dereito, profesor xubilado da Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física da UDC e presidente da Asociación Galega de Xestión Deportiva (AGAXEDE). Ten unha ampla traxectoria na análise e desenvolvemento do ecosistema deportivo galego.
Réxime xurídico e obrigas tributarias dos clubs deportivos
Julio Ransés Pérez Boga, presidente da Axencia Estatal de Administración Tributaria (AEAT) e experto en dereito tributario. Ten unha ampla experiencia na docencia e asesoramento sobre obrigas fiscais e legais para entidades deportivas.
As prazas son limitadas. Cubriranse por orde de inscrición e terán preferencia as entidades locais. Entregarase diploma acreditativo e validado pola Escola Galega do Deporte.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.