A web oficial do concello de Carballo

Homenaxe musical a Bibiano no último Curruncho Pop do 2026

16/05/2026
19:30
Biblioteca Municipal Rego da Balsa

O Curruncho Pop remata por esta temporada coa presentación do libro Bibiano, cambiar para ser un mesmo, de Carlos Rego.

Recuperamos este libro, presentado na PLIC 2025, para poñerlle música no último Curruncho Pop deste 2026, nunha ocasión única. Bibiano foi un persoeiro poliédrico dentro da música, seguramente dos que máis: dende cantautor e participante en Voces Ceibes ata gravar un primeiro disco producido por Alain Milhaud, o produtor de Los Bravos, entre outros. Despois de editar tres discos longos deixou a música como intérprete, pero non se apartou dela, xa que foi o fundador da Escola de Música Contemporánea de Vigo, tivo unha grande promotora de concertos e abriu a mítica sala Kremlin de Vigo.

Para tocar as súas cancións imos contar con ALFONSO ESPIÑO, acompañado nesta ocasión polo guitarrista XOÁN PIÑÓN, que participou na gravación do disco Alcabre e foi fundador do grupo de folk Doa.

Entrada libre e de balde ata completar a capacidade do auditorio da Biblioteca Rego da Balsa.

Non hai campos definidos para este produto.