O programa “Canta miña compañeira”, creado para render homenaxe ás cantareiras e tocadoras e á nosa música con motivo do Día das Letra Galegas, está chegando á súa fin. Entre as últimas citas, destaca a celebración de foliadas nos Institutos de Educación Secundaria de Carballo coa colaboración dos grupos de cantareiras do Concello. O obxectivo: achegar a tradición musical oral aos centros de ensino. Esta iniciativa está organizada pola Concellaría de Cultura coa colaboración da Asociación Cultural Nemeth e da Asociación Cultural Escola do Alprende.
Organizan os IES Monte Neme, Isidro Parga Pondal e Alfredo Brañas, de Carballo, e o Eduardo Pondal, de Ponteceso.
Colabora a Concellaría de Cultura.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.