#35 FIOT | ESTREA ABSOLUTA | COPRODUCIÓN FIOT
“Sen ataduras, sen présa. Ás veces, basta con un pequeno xesto para que todo cambie”
Nun mundo feito de libros, alguén ordena sen descanso ringleiras perfectas. Un volume, outro, outro máis… Ata que un día, un libro cae e con el derrúbase a orde. Oh! Comeza así unha viaxe inesperada cunha libraría que nos leva a diferentes universos onde deterse, respirar e recuperar o pracer de mirar sen présa. Un barco varado, unha balea que perdeu a conta de canto leva alí… Entre risas e sorpresas, a música en directo, o circo, a danza, ou o clown abren as portas a un universo poético que se transforma, como un soño, en todo o que poidas imaxinar.
O pallaso, bufón e improvisador Dani Blanco fundou Assircópatas hai case 20 anos, e ten xirado por máis dunha ducia de países, entre equilibrios e malabares, combinando o circo co seu peculiar humor absurdo, intelixente e libre.
*FIOTeen: preestrea co alumnado de Secundaria. Xoves 8 de outubro, ás 11.00 h, no Pazo da Cultura.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.