#34 FIOT | ESTREA ABSOLUTA | FUNCIÓN ESCOLAR
Berenguela vive nunha residencia, pero quere volver á súa casa da aldea. Alí coñece a Aurora, que ten unha imaxinación sen límites, e a Tomás, sempre calado e pensativo. Berenguela propón unha revolta e volverse salvaxes e perigosas, pero Aurora suxire que fagan no teatro o que non lles deixan facer na realidade: ser libre e cambiar o mundo, ou, polo menos, o seu mundo. Os tres anciáns escollerán para representar a obra de Manuel María “Aventuras e desventuras dunha espiña de toxo chamada Berenguela”, onde cadaquén escolle o personaxe que quere representar.
A carballesa Galeatro e Xarope Tulú aliáronse neste proxecto que gañou a cuarta edición do Certame Manuel María de Proxectos Teatrais e para o que contan coa dramaturga e directora Paula Carballeira, Premio Nacional de Literatura Dramática. Ambas compañías están comprometidas con linguaxes escénicas diversas dirixidas á infancia e tamén coa narración e o teatro de obxectos. O FIOT colabora coa creación como coprodutor, xunto á Casa- Museo Manuel María e o Centro Dramático Galego. A peza está interpretada por Alba Bermúdez, Tone Martínez e Atenea García.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.