A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Xornadas: “Cultura para todas: acceso e inclusión nas actividades culturais”

23/10/2025
16:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | En consonancia co seu compromiso coa inclusión e sustentabilidade que asume o festival xa desde hai una anos, o FIOT e o Concello de Carballo acollen e colaboran nas xornadas sobre accesibilidade e inclusión nas artes escénicas, que organiza a Deputación da Coruña. Diversos  profesionais expertos en diversos ámbitos da accesibilidade aportarán información clara e práctica sobre como facer actividades e espazos culturais máis accesibles.

As xornada está dirixida a profesionais da xestión cultural, nun momento de máxima actualidade, non só polo interese social desde o punto de vista dos dereitos culturais, senón pola obriga e urxencia en adaptar os noso espazos e programas á normativa que entra en vigor de maneira inmediata.

  • Xoves 23 de outubro
  • 16.00 horas
  • Pazo da Cultura
  • Duración: 4 horas
  • Inscricións a través da Deputación da Coruña
  • Organiza: Deputación da Coruña
  • Colabora:  Concello de Carballo, FIOT e Mada Producións

Non hai campos definidos para este produto.