A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Teatro de rúa: “Tavole” de Zirko Txosko

02/10/2026
19:30
Praza do Concello

#35 FIOT | “…este mundo está cada vez máis tolo…”

Nunha mesa xogamos, traballamos, discutimos ou deixamos pasar o tempo. Que ocorre cando todo empeza a descontrolarse? Desde este lugar cotián que transforman nun xogo disparatado, dous personaxes curiosos e apaixonados enfróntanse á realidade do bullying, da rivalidade, dos egos ou das guerras. O absurdo da vida cotiá transfórmase en risas mesturando fantasía con acrobacias, maxia, aéreos, obxectos, humor e moitas, moitísimas mesas. Unha arriscada aventura con ritmo vertixinoso, complicidade e gargalladas para descubrir que é necesario parar un intre para respectarnos e entendernos.

Este recén estreado espectáculo é o quinto desta compañía galego-vasca recoñecida a nivel estatal e que combina técnicas circenses como o clown, os portés ou o slapstick con humor para todos os públicos. E, por suposto, cos aéreos, porque o que máis lles gusta é voar polos aires!

  • Venres 2 de outubro
  • 19.30 h
  • Praza do Concello (en caso de choiva trasladarase ao 2º andar do Mercado Municipal)
  • Acceso libre
  • Todos os públicos
  • Duración: 50 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.