#35 FIOT | “Viaxa só o que sabe irse, pero poderá a nosa viaxe levarnos ao ceo?”
Ás veces hai que saltar para descubrir ata onde somos capaces de chegar. Nesta historia non se camiña: saltas, voas e confías. Fins al Cel constrúe unha viaxe entre a realidade e a fantasía na que o circo contemporáneo se converte nunha metáfora dos camiños que percorremos ao longo da vida, dos encontros que nos transforman e da confianza que depositamos nas demais persoas. Con sete artistas en escena e música en directo, Spinish Circo combina barra rusa, banquinas, portés colectivos e impresionantes acrobacias nun espectáculo de gran formato e forza visual que fai da cooperación e do risco compartido o seu principal motor.
A compañía valenciana aposta pola fusión entre circo, teatro e música para crear linguaxes escénicas innovadoras, consolidándose como un dos proxectos emerxentes máis destacados do circo contemporáneo. Unha proposta poética e emocionante que convida a mirar cara arriba… e tamén cara a dentro.
*CIRCO A-ESCENA | Red Española de Teatros, Auditorios, Circuitos y Festivales | Ministerio de Cultura, Instituto Nacional de las Artes Escénicas y de la Música | En colaboración coa Noite Europea das Investigadoras e Investigadores | Concello de Carballo | TALK – Science & Communication | Financiado pola Unión Europea
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.