A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Teatro de rúa: “Domte” de Nacho Flores

09/10/2026
19:30
Parque do Anllóns

#35 FIOT | “Doy la cara al enemigo, la espalda al buen comentario, porque el que acepta un halago empieza a ser dominado, El hombre le hace caricias al caballo, pa’ montarlo”. Facundo Cabral

Quen doma a quen? Esa é a pregunta que atravesa esta creación de circo contemporáneo. Con troncos e táboas vaise construíndo pouco a pouco un enorme ser en equilibrio, unha escultura viva que desafía a física e a mirada do público. Inspirada nun imaxinario mitolóxico, asistimos á viaxe de transformación do seu protagonista, obsesionado con controlar todo o que está ao seu arredor, pero que acaba descubrindo que a verdadeira forza nace do equilibrio compartido. Con música ao vivo e coa colaboración do público no movemento das estruturas que dan vida ao espectáculo, Domte cabalga facendo equilibrios entre minotauros e cabalos de Troia, desde a quimera ata a liberdade máis delirante.

Creada e interpretada por Nacho Flores, a obra afonda na singular linguaxe da compañía, que combina escultura, equilibrio, teatro físico e circo contemporáneo para crear imaxes de gran forza. É unha peza hipnótica, poética, visual e cómica, tan delicada como espectacular, que celebra a colaboración colectiva fronte á dominación individual.

  • Venres 9 de outubro
  • 19.30 h
  • Parque do Anllóns (en caso de choiva, informarase de nova ubicación)
  • Acceso libre
  • Todos os públicos
  • Duración: 45 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.