#34 FIOT | Prepárate para a función de Costa da Morte, cartografía dun naufraxio, de Mariña Lestón, cun ilustrativo percorrido pola fermosa costa de Carballo. A asociación ambiental carballesa Senda Nova colabora co FIOT coa organización dun dos seus interesantes itinerarios polo litoral carballés, neste caso centrándose na parte máis salientable da ruta Razo-Baldaio para protexer, achegándonos a espazos como a lagoa, o sistema dunar e un dos areais máis extensos de Galicia.
Ao final da experiencia agardaranos Mariña Lestón coa súa obra que combina narración, música e potentes imaxes.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.