A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Rúa dos Contos: “¡Por fin me voy!” de Carles Sans

26/09/2026
20:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | “A despedida do mestre do humor e fundador de Tricicle”

Esta é a despedida do mestre do humor e fundador de Tricicle; a súa última xira despois de 45 anos de profesión. Primeiro coa súa exitosa carreira coa mítica compañía de humor xestual e despois, en solitario, con máis de 160.000 espectadores que avalan o éxito do seu debut. Cun estilo de humor e esa especial xestualidade que o caracterizan, tan unida a Tricicle, pero no que esta vez a palabra cobra protagonismo, o actor advertiranos das numerosas actividades que, ao parecer, hai que facer cando chega a xubilación. Con delirante agudeza e enxeño, descarta os tópicos da vida do pensionista e converte a súa despedida nunha auténtica celebración da risa.

Non é un monólogo. Carles Sans defíneo como un espectáculo teatral dun só personaxe no que as impresións e fantasías do actor conseguen que non paremos de rir. Promete que entre catro e cinco veces por minuto!

  • Sábado 26 de setembro
  • 20.00 h
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Entrada: 15 €
  • Público adulto
  • Duración: 80 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.