A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Rúa dos Contos: “O show” de Fábrica de Impro + DJ Maikel

11/10/2026
22:30
A Reserva

#35 FIOT | Nada está escrito. Ou, mellor dito, todo está por escribir. As palabras e ideas escritas polo público nunha tarxeta son a orixe de historias que nacen e medran sobre o escenario sen guión nin rede de seguridade. O público forma parte do xogo e cada función é irrepetible.

Gargalladas garantidas nun show de comedia improvisada onde a única certeza é que todo pode pasar. Con ritmo frenético, humor e unha enorme capacidade para sorprender, estes improvisadores mentalmente inestables constrúen en directo unha sucesión de escenas tan inesperadas como divertidas.

E a partir das 00.00 h, DJ Maikel!

Remataremos a Rúa dos Contos bailando. DJ Maikel leva case dúas décadas facendo soar a música independente e electrónica. É un colaborador de Mondo Sonoro e de Soando Con Forza de Que Pasa na Costa.

  • Domingo 11 de outubro
  • 22.30 h – Fábrica de Impro: O show
  • 00.00 h – DJ Maikel
  • A Reserva
  • Entrada Fábrica de Impro + DJ Maikel: 5 €
  • Público adulto

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.