A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Rúa dos Contos: El Famoso Trino

10/10/2026
23:00
La Bombonera

#35 FIOT | ESTREA EN GALICIA

“As noticias nunca foron tan pouco fiables… nin tan divertidas.” O fenómeno viral que conquistou as redes sociais coas súas falsas noticias cargadas de humor, retranca e sátira dá o salto aos escenarios. Baixo o nome de El Famoso Trino, Dani García, referencia do mundo satírico e dixital, recupera os personaxes e as situacións máis coñecidos dos seus vídeos para construír un espectáculo no que os monólogos, os sketches de humor absurdo e a improvisación se mesturan cunha crítica social afiada e unha constante complicidade co público.

Porque ás veces a realidade é tan disparatada que só queda unha maneira de entendela: rir dela.

  • Sábado 10 de outubro
  • 23.00 h
  • La Bombonera
  • Entrada: 5 €
  • Público adulto (+14 anos)

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.