A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Rúa dos Contos: “A historia vaxenial” de Raquel Nogueira e Iván Marcos

04/10/2026
20:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT “Unha comedia que devolve a risa aos corpos das mulleres”

Comezaremos pola prehistoria para chegar aos nosos días e investigar como se representaron os órganos sexuais da muller e a relación desta imaxe co seu lugar no mundo. O tema dá para un dramón, pero con humor, retranca e moito enxeño visual, convértese nunha crónica alegre cargada de comedia. Ou quizais nun evento feminista? Unha chea de movidas históricas, relixión, medicina, a histeria ou o “Panteón de machirulos ilustres” son algunhas das seccións que visitaremos nesta comedia irreverente que transforma séculos de prexuízos, silencios e inxustizas nun espectáculo tan divertido como necesario. É un relato co que rir, chorar e aprender.

A obra nace do fenómeno viral Historias Vaxeniales, gañadora dun Premio Mestre Mateo, que foi creada por unha das cómicas máis versátiles da súa xeración, Raquel Nogueira.

* Premio Luísa Villalta da Deputación da Coruña 2024

  • Domingo 4 de outubro
  • 20.00 h
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Entrada: 10 €
  • Público adulto
  • Duración: 90 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.