A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Programa de Sala: “Odisea” de Companhia do Chapitô

09/10/2026
21:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | “Odiseo foi un xenio da estratexia ou simplemente un espelido con tendencia a meterse en leas?”

Todo comeza nesa familia disfuncional que habita o Olimpo. Veñan descubrir as aventuras, os naufraxios e os malentendidos divinos que converteron a Odiseo no heroe máis canso da mitoloxía grega. Unha historia de astucia, teimosía e resistencia, cun final que ata o propio Tiresias gozaría desvelando. Prepárense para presenciar ao noso heroe enfrontándose a monstros e deuses de mal xenio.

Nesta versión artesanal da Odisea a Companhia do Chapitô, un dos referentes do teatro portugués, desmonta a épica viaxe, mesturando xogo teatral con comedia de equívocos, mitoloxía e disparates.

  • Venres 9 de outubro
  • 21.00 h
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Entrada: 12 €
  • Público adulto (+12 anos)
  • Duración: 60 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.