#34 FIOT | ESTREA EN GALICIA
O duque Vincentio de Viena, preocupado pola decadencia moral do seu pobo, deixa no poder ao intachable Angelo. Mais, en segredo, disfrazarase de frade para observar o que acontece. Angelo aplica inflexiblemente a lei e condena a morte a Claudio por deixar embarazada á súa prometida. O duque, desde a sombra, intervirá nunha trama chea de tensións éticas, políticas e sexuais, ata chegar a un final inesperado.
Dez anos despois da súa anterior visita ao FIOT, o prestixioso arxentino mestre de actores Gabriel Chamé Buendia volve a reinventar a Shakespeare desde o humor físico e unha linguaxe escénica lúdica que recorda a mellor tradición xograresa. A obra cuestiona as estruturas morais que nos gobernan e revela as tensións entre o poder e a responsabilidade, situando a figura feminina no centro dun conflito inquedante e actual: o abuso de poder político e sexual. Chamé propón unha reflexión sobre un presente infantil e vixente que culpabiliza sempre ao outro e sobre os lazos íntimos ente a nobreza e a baixeza do ser humano
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.