#35 FIOT | ESTREA EN GALICIA | “Que queda hoxe daquela rebeldía, daquela alegría de vivir e daquela vontade de cambiar o mundo?”
Mujeres Libres foi unha organización anarcosindicalista que fixo tremer os cimentos da sociedade en tempos da Guerra española do 36, defendendo a emancipación feminina, o antifascismo e a revolución social. Neste tempo saturado de narrativas de colapso e distopía, a galega Esther Carrodeguas reivindica a potencia da utopía alegre a través dun cabaret anarcosicalíptico, cheo de humor corrosivo, música e cancións, traendo ao presente a esas mulleres ousadas e rebeldes que, en pleno caos bélico e patriarcal, desafiaron as normas e comprometéronse coa liberdade e a igualdade desde a alegría.
Alba Flores encabeza o reparto desta vitalista proposta dirixida polo prestixioso Andrés Lima que racha co colapso da imaxinación política no que nos atopamos.
* Produción en colaboración co Comisionado para a Celebración dos 50 Anos de España en Liberdade
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.