A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Programa de Sala: “La segunda venida de Cristo o el yoga de Jesús” de Rafael Álvarez, El Brujo

31/10/2026
20:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT  ESTREA EN GALICIA | “Nun momento necesitado de inspiración, esta é unha arriscada aposta por combinar o desexo de coñecemento profundo da alma co ritmo, a risa e o sentimento lúdico da festa do teatro”

Poucos actores son capaces de converter un escenario baleiro nun universo enteiro. Rafael Álvarez, El Brujo, presenta un enxeñoso monólogo no que humor, palabra, xesto, improvisación e reflexión se dan a man para revisitar a figura de Xesús desde unha perspectiva pouco habitual. O espectáculo propón un diálogo entre os evanxeos, a filosofía oriental e a tradición do ioga, explorando as grandes preguntas sobre a conciencia, a espiritualidade e a condición humana. Quizais sexa o seu espectáculo máis arriscado.

El Brujo bebe da tradición dos antigos xograres e da influencia de Dario Fo para construír unha proposta tan profunda como divertida, na que a música en directo completa a experiencia teatral e onde a palabra, o humor e a emoción dialogan con naturalidade.

  • Sábado 31 de outubro
  • 20.00 h
  • Auditorio do Pazo da Cultura
  • Entrada: 15 €
  • Público adulto (+14 anos)
  • Duración: 100 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.