#35 FIOT | “Como se constrúen – e como se disputan – as narrativas da memoria?”
Que sucede cando a memoria comeza a esvaecerse? A partir de A derradeira leición do mestre, o emblemático cadro de Castelao, Chévere constrúe unha peza de teatro documental que explora a relación entre a memoria persoal e a memoria colectiva. A historia dunha muller que intenta reconstruír os recordos perdidos tras sufrir un ictus convértese nunha viaxe cara a un pasado cheo de preguntas sobre o esquecemento, a identidade e a nosa historia recente.
Documento e ficción, testemuño e teatro entrelázanse para lembrar que unha sociedade que esquece corre o risco de perder tamén parte de si mesma se non supera os seus traumas. Premio Nacional de Teatro en 2014, Chévere leva décadas desenvolvendo unha linguaxe escénica propia na que dialogan investigación, creación contemporánea e compromiso social.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.