A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Funcion escolar: “Farra” de Cía. Lucas Escobedo e Compañía Nacional de Teatro Clásico

20/10/2025
10:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | ESTREA EN GALICIA | FUNCIÓN ESCOLAR

Festa, celebración, cultura e comunidade encóntranse durante o tempo de carnaval de 1568 ou de 1668 ou de 2025. Durante o entroido todo é posible: as normas cambian e o mundo réxese por paradoxos. Un grupo de cómicos esperan a ansiada visita do rei Felipe. Entre danzas, versos, cantos, xogos e celebracións, abren a porta á festa, á música, á maxia, á acrobacia e á comedia. A modo de cabaré barroco, viaxaremos con eles por un Século de Ouro que tende pontes coa actualidade. O espectáculo reivindica a celebración, a cultura e a comunidade fronte á hiperactividade e á velocidade dos tempos. A súa importancia para desenvolver a imaxinación, nutrirse do noso patrimonio cultural, e, sobre todo para emocionarse e rirse.

Unámonos á Farra e gozemos públicos de todas as idades co espíritu de experimentación e co risco da compañía do artista multidisciplinar Lucas Escobedo, que se aliou coa Compañía Nacional de Teatro Clásico para fundir os seus sinais de identidade, o circo, o teatro, a música en directo e o humor, co verso e coa tradición barroca. Ademais de colleitar éxitos nos escenarios de toda España o traballo foi recoñecido co Max ao Mellor Espectáculo Musical 2025.

  • Luns 20 de outubro
  • 10.00 h
  • Pazo da Cultura
  • Duración: 75 minutos
  • Acceso exclusivo para centros de ensino

Non hai campos definidos para este produto.