A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Programa de sala: “Adolescencia infinita” de Pont Flotant

10/10/2025
21:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | ESTREA EN GALICIA

Son unha sociedade secreta de persoas extremadamente divertidas e aburridas, apáticas e pasionais, medorentas e arriscadas, directas e enigmáticas. Lúcidas. Abertas a miles de posibilidades. Por uns instantes, quereriamos pertencer a esta sociedade para revivir todo o pracer e a dor do proceso de transformación máis brutal na vida dunha persoa. Tres adultos intentan entender a adolescencia desde a madurez. A través de divertidas situacións de convivencia confrontaremos a súa mentalidade coa dos adultos, buscando o encontro e rompendo estereotipos. Que lembramos dese período tan cheo de vida e destrución? Que recuperariamos daqueles anos e que desexariamos borrar?

A través do humor, da ironía e da tenrura, música en directo e moita hormona adolescente, enerxía de festa, berros e choros, Pont Flotant pon o foco neste proceso vital cheo de luces e sombras. Como é característico da compañía que ten unha traxectoria de 25 anos, esta é unha creación colectiva froito dun longo proceso de investigación no que inclúen o seu entorno social e no que mesturan realidade e ficción, diferentes linguaxes e sobre todo unha relación íntima co espectador. Seguro que nos conquista igual que a súa anterior obra, a premiada Eclipse total, pola que recibiron, entre outros, o Max á Mellor autoría teatral, ademais do Premio do público do FIOT.

  • Venres 10 de outubro
  • 21.00 h
  • Pazo da Cultura
  • Entrada 12€
  • Todos os públicos (+ de 12 anos)
  • Duración: 80 minutos
  • Premio do Público do FIOT 2022

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.