#35 FIOT | Cando se cumpren 10 anos do falecemento de Fran Pérez “NARF”, amigos e outros músicos próximos promoven a edición dun libro-CD que rende homenaxe a este importante cantante e compositor galego, recoñecido pola orixinalidade e riqueza da súa obra e pola incorporación de múltiples influencias sonoras ao rock. Fran Pérez, NARF. Canto Sentido reúne voces e lembranzas arredor da súa traxectoria, na que tamén cultivou unha estreita relación co teatro, compoñendo a música para máis de 30 espectáculos.
Editado por aCentral Folque, nesta publicación colectiva participan, entre outros, Quico Cadaval, Xelís de Toro, Carlos Santiago, Uxía ou Pepe Sendón.
Achégate a esta presentación e comparte a lembranza e o legado dunha das figuras máis singulares da música galega contemporánea.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.