A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Presentación do libro “Apaga o candil” de Cándido Pazó

16/10/2025
20:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | Presentación da publicación da obra dramática Apaga o Candil, escrita por Cándido Pazo e editada por Galaxia nun volume conxunto con O proceso, do mesmo autor. A escrita foi un encargo do Concello de Carballo e do FIOT, que produciron coa compañía Contraproducións o  espectáculo do mesmo nome na 32 edición do festival. Apaga o candil pon en valor e homenaxea ao pioneiro narrador, cómico e humorista veciño de Carballo Carlos Díaz ‘O Xestal’ achegándonos ás circunstancias complexas da súa vida e da súa obra  e foi creado con motivo do 30 aniversario do seu pasamento e estreado no FIOT no ano 2023.

A presentación será a cargo do escritor Xurxo Souto e de Alberto Sueiro, director do FIOT, ademais do propio autor da obra.

  • Xoves 16 de outubro
  • 20.00 horas
  • Pazo da Cultura
  • Acceso libre

Non hai campos definidos para este produto.