A web oficial do concello de Carballo

FIOT – OTNI: “Solo quería bailar” de Olalla Hernández

25/10/2026
20:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | ESTREA EN GALICIA

“Como acaba unha bailarina cumprindo trinta anos de cárcere por un acto terrorista?”

Pili só quería bailar. Pero hai vidas ás que o sistema parece empeñado en pecharlles todas as portas. A partir da premiada novela de Greta García, convértese nunha tragicomedia sevillana punk. Un monólogo de enorme forza no que humor, palabra e danza se mesturan para dar voz a unha muller que, desde a súa cela, reconstrúe o camiño que a levou ata alí. Con retranca, rabia e unha fonda humanidade, Solo quería bailar transforma a historia dunha bailarina nun acto kamikaze de amor; nun retrato da precariedade, da burocracia, das estruturas que exclúen e da necesidade de sentirse querida. Unha proposta intensa e irreverente que reivindica o dereito a ocupar un lugar no mundo, mesmo cando todo parece impedilo.

Alberto Velasco, un dos referentes da escena contemporánea, dirixe esta proposta vibrante interpretada pola poderosa Olalla Hernández, na que a arte é un sopro frustrado pero tamén motor de resistencia.

  • Domingo 25 de outubro
  • 20.00 h
  • Pazo da Cultura
  • Entrada: 5 €
  • Público adulto (+16 anos)
  • Duración: 75 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.