A web oficial do concello de Carballo

FIOT – OTNI: “Ninguén tira fotos nos enterros” de Carlota e Compañía

01/10/2026
21:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | “Pódoche facer unha pregunta? Ti que idade tiñas cando soubeches que a xente podía morrer?”

Un feito sorprendente, unha voda e un enterro celebrados o mesmo día, é o punto de partida dunha historia sobre a morte desde a mirada da infancia. Esta autoficción vai recreando as fotografías que unha nena de 11 anos tirou ese propio día. Con tenrura, humor, técnicas de fotografía ao vivo e efectos analóxicos, a obra crea un universo do que todos os espectadores formarán parte e que transita entre a memoria da infancia, a perda, a despedida e a necesidade de conservar aquilo que o tempo ameaza con borrar. Hai lembranzas que permanecen para sempre, mesmo cando non quedaron retratadas.

O FIOT está feliz de ofrecer a versión en gran formato desta obra que tivemos a ocasión de ver nacer en 2023 no ciclo M², e que os espectadores premiaron coa mellor interpretación. É o debut da compañía de recente creación encabezada por Carlota Mosquera.

*Premio á Mellor Interpretación no Certame M² FIOT 2023

  • Xoves 1 de outubro
  • 21.00 h
  • Pazo da Cultura
  • Entrada: 5 €
  • Público adulto (+12 anos)
  • Duración: 55 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.