#35 FIOT | ESTREA EN GALICIA
“A pel pódese acariciar, morder e tamén ler, coma un álbum de fotos que conserva un pasado cheo de triunfos e derrotas, desexos e resistencias”
A pel humana está feita de poros e engurras; de recordos, praceres e cicatrices. No escenario, seis persoas —tres novas e tres maiores— exploran doce metros cadrados de pel compartindo as súas historias, o seu humor e a súa sexualidade. Como cambian o desexo, o pracer e a identidade co paso das décadas? Unha proposta poética, de autoficción e documental sobre como amamos e habitamos os nosos corpos, e sobre as preguntas, medos e desexos que, por riba das diferenzas, atravesan todas as idades.
O espectáculo é froito do proxecto de creación interxeracional sobre sexualidade Morderse la lengua, ao que se incorporará un grupo de persoas mozas e maiores de Carballo a través dun obradoiro coa compañía nos días previos á función, convertendo esta representación nunha experiencia viva e irrepetible. La Rueda Teatro Social leva máis de quince anos empregando o teatro como ferramenta de transformación social e participación cidadá.
*Financia: Axudas a Proxectos Culturais con Especial Impacto Social 2025 do Ministerio de Cultura. Colaboran: Departamento de Pedagoxía da Universidade de Valladolid, Sexología Kairós S.COOP e Creo Común Facilitando el Cambio
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.