#35 FIOT | ESTREA EN GALICIA
“A súa voz é un murmurio entre algoritmos, un discurso de boomer perdido na era dos memes”
No silencio opresivo dun soto cheo de pantallas e cámaras ocultas, un home de corenta e tantos anos, cámara fracasado e malabarista líquido, vixila o mundo a través das súas lentes dixitais e analóxicas. Ante o avance imparable das máquinas e o poder dos algoritmos, propón unha reinvención e unha nova mirada. Mentres as máquinas aprenden a pensar, que nos fai verdadeiramente humanos? Esa é a pregunta desta proposta multidisciplinar na que circo contemporáneo, teatro, teatro de obxectos, microcine e poesía visual conflúen nun universo tan delicado como inquietante.
A compañía PSIRC ten unha sólida e premiada traxectoria no circo contemporáneo, e conta con amplas xiras por Europa e América. Explora unha linguaxe escénica propia baseada no humor delicado, o movemento e a experimentación visual para construír unha experiencia íntima e evocadora.
*CIRCO A-ESCENA | La Red española de Teatro, Auditorios, Circuitos y Festivales | MINISTERIO DE CULTURA, Instituto Nacional de Artes Escénicas y Música
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.