#35 FIOT | WORK IN PROGRESS | RESIDENCIAS PARAÍSO 2026
“Entre muiñeiras, bordados, noticiarios cinematográficos e ditadura”
Entre concerto e conferencia performativa, este estudo simbiótico entre arquivo e performance conta co acompañamento musical de Gabi Reboredo e convídanos a ler con outros ollos os materiais da nosa memoria folclórica, os arquetipos e a instrumentalización da identidade das músicas, as danzas e o folclore levadas a cabo durante o réxime franquista e a súa proxección sobre os modos contemporáneos de reproducir culturas enxebres. Esta é a primeira mostra do traballo en proceso do proxecto do artista e investigador Álvaro Corral, froito da residencia de creación realizada no Pazo da Cultura durante o pasado verán, coa colaboración da Concellaría de Cultura a través do Programa de Residencias Paraíso 2026 promovido polo Colectivo RPM.
Os estudos e prácticas artísticas de Álvaro Corral propoñen novos puntos de vista desde os que repensar os marcos de pensamento oficiais e como as prácticas tradicionais galegas, en particular, se poden reactivar como ferramentas críticas, poéticas e disidentes. Os seus traballos formaron parte de importantes centros de arte.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.