A web oficial do concello de Carballo

FIOT – M²: “A vergonza era verde e comeuna a vaca” de Alicia López Méndez

24/10/2026
12:00
upa! Espazo barefoot

#35 FIOT | “Só cando se deixa atrás o medo é posible amosarse tal e como un é”

A vergonza tende a medrar e a engulir canto atopa diante. Cómpre afouteza para facerlle fronte, rachar ataduras e deixar saír a humanidade que permanecía abafada. Nesta creación, Alicia López Méndez busca superar eses límites e darse permiso para ser con liberdade, nun proceso de transformación no que habita as súas múltiples peles e deixa falar todas as súas voces.

Pernas e pés tomarán o Espazo Barefoot neste solo de danza contemporánea no que a bailarina, performer, artista visual e directora de cinema documental atopa na danza tradicional un camiño cara á memoria e un vínculo cun pasado que continúa vivo na identidade galega.

  • Sábado 24 de outubro
  • 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h
  • upa! Espazo barefoot (Exterior 5, Mercado Municipal)
  • Duración: 15 minutos
  • Capacidade: 15 persoas
  • Todos os públicos (+12 anos)
  • Acceso gratuíto ata completar aforo. Debido á limitación dos espazos, recoméndase reservar praza escribindo a <fiot.microteatroentrada@gmail.com> indicando: nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa espectadora e teléfono de contacto.

Non hai campos definidos para este produto.