#35 FIOT | ESTREA ABSOLUTA | “A Terra desde unha mirada alieníxena”
Unha alieníxena chega á Terra cun soño: converterse nunha superestrela do pop. Dúas investigadoras moi fanáticas conseguen recompoñer a súa historia e agora compártena co mundo. A través da comedia, a música o teatro-documento e a tecnoloxía percorren o camiño da extraterrestre e os seus obstáculos: a precariedade da industria musical, a adaptación aos costumes terrestres ou a necesidade de conservar un traballo.
Esta é a primeira peza de creación propia da compañía emerxente Aterradas, unha divertida historia de divas e fans obsesivas, artistas alternativas e mánagers aproveitados.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.