A web oficial do concello de Carballo

FIOT – M²: “Fogar” de La Tercera

17/10/2026
12:00
Parque do Anllóns

#35 FIOT  ESTREA ABSOLUTA “E se son os outros os que nos poñen máscaras?”

Farta da cidade, Claudia múdase ao campo. Sorprendentemente, alí suceden as historias máis dispares. Quizais, unha avoa viúva chea de vida, un neno pillo e curioso, unha diva extravagante vida a menos, un home sinxelo e de bo corazón… Con comedia e a través do uso de máscaras, teatro físico e xogo, desvelaranse prexuízos e estereotipos do choque entre o rural e o urbano e, sobre todo, do que esperamos dos demais e do que atopamos cando nos permitimos miralos doutro xeito.

La Tercera é unha compañía de creación colectiva nacida en Madrid, que xa ten recibido varios premios polos seus espectáculos.

  • Sábado 17 de outubro
  • 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h
  • Xardín Rosalía de Castro (Parque do Anllóns)
  • Duración: 15 minutos
  • Capacidade: 20 persoas
  • Todos os públicos (+12 anos)
  • Acceso gratuíto ata completar aforo. Debido á limitación dos espazos, recoméndase reservar praza escribindo a <fiot.microteatroentrada@gmail.com> indicando: nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa espectadora e teléfono de contacto.

Non hai campos definidos para este produto.