#35 FIOT | ESTREA ABSOLUTA | “A ousadía de rebelarse contra os estereotipos para mirar os corpos desde outra perspectiva”
Un doutor encarnado nun sacarrollas, unha protagonista que é un queixo de tetilla e a súa nai, un cigarro nunha boquilla. A través do teatro de obxectos, nai e filla deciden vingarse dun doutor gordófobo empeñado en torturar ás súas pacientes. Pero esta será a derradeira! Creada en 2022, Compañía Humana presenta unha peza que combate con humor os estereotipos de xénero e a discriminación das mulleres na sanidade; un petisco da comedia que estrearán no vindeiro outono.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.