#35 FIOT | ESTREA ABSOLUTA | “Que acontece cando a cobiza se antepón?”
A tenda de segunda man Buy & Sell organiza as súas xornadas anuais de poxas. Xoán pon á venda trebellos da casa do seu avó, recentemente falecido. Os obxectos atopan -ou non- un novo dono, e nós descubriremos a historia dunha familia rota por unha herd anza e a dun home que trata de comprender o acontecido mentres carga co peso das lembranzas.
Que vivencias gardan os obxectos aos que damos unha segunda vida? A peza creada por Jimmy Núñez convídanos a reflexionar sobre a nosa relación co consumo.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.