A web oficial do concello de Carballo

FIOT – M²: “wOHrk” de Iván Davila

10/10/2026
12:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT  ESTREA ABSOLUTA | “Un dilema tan absurdo como real”

Hai quen vai do traballo á casa e quen xa non distingue entre ambos. Un conserxe recibe candidatos que buscan emprego… e tamén un lugar onde vivir. wOHrk mergúllase, a través do clown e do humor absurdo, na precariedade actual e nas fronteiras cada vez máis difusas entre a vida e o traballo. Desde o xogo, o ridículo e a complicidade co público, a peza sitúanos nun espazo recoñecible que pouco a pouco se vai deformando ata chegar ao poético.

  • Sábado 10 de outubro
  • 12.00, 13.00, 17.30 e 18.30 h
  • Conserxería do Pazo da Cultura (Rúa do Pan, s/n, andar 0)
  • Duración: 15 minutos
  • Capacidade: 8-12 persoas
  • Todos os públicos (+8 anos)
  • Acceso gratuíto ata completar aforo. Debido á limitación dos espazos, recoméndase reservar praza escribindo a <fiot.microteatroentrada@gmail.com> indicando: nome do espectáculo, horario, nome e apelidos da persoa espectadora e teléfono de contacto.

Non hai campos definidos para este produto.