A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Lectura dramatizada: “Mal ollo”

30/10/2025
20:00
Pazo da Cultura

#34 FIOT | Con motivo do 120 aniversario do nacemento do dramaturgo carballés Cándido Alfonso González Tiradas (Carballo, 1905 – Bos Aires, 1966), a Aula de Teatro de Carballo presenta unha lectura dramatizada de Mal ollo. Comedia de ambente mariñeiro, unha divertida peza que mestura o humor popular co mundo máxico galego.

O carballés, foi un dramaturgo e activista cultural que desenvolveu en Arxentina un importante labor a prol da emigración galega. A obra, premiada no Certame Castelao e publicada en Bos Aires en 1954, está considerada un folk-drama no que conviven música, tradición e simbolismo. Os diálogos vivos, o ambiente mariñeiro e a presenza do mítico fan desta peza unha mostra singular do noso teatro. Con esta lectura dramatizada, a Aula de Teatro recupera para o público unha obra esencial da memoria cultural galega.

  • Xoves 30 de outubro
  • Pazo da Cultura
  • 20.00 horas
  • Acceso libre

Non hai campos definidos para este produto.