#34 FIOT | Introducímonos xa na próxima edición do festival convidando a unha das compañías referentes do FIOT e do teatro contemporáneo en España, Titzina Teatro, a presentar o traballo en proceso do que será o seu próximo espectáculo, para compartir un anticipo da súa creación co público do festival, bo coñecedor das súas obras.
Titzina son Diego Lorca e Pako Merino. Estes dous creadores marcan os sinais de identidade do proxecto Titzina, un traballo de xornalismo antropolóxico de entrevistas e convivencias, investigando, adentrándose na vida doutras persoas e abordando realidades moitas veces descoñecidas para transportar á escena o máis destacable do ser humano. Un luxo compartir esta experiencia exclusiva e participar na creación dun espectáculo que estará no FIOT 35!
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.