A web oficial do concello de Carballo

FIOT – Gala Final do Concurso Escolar de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís

08/11/2026
18:00
Pazo da Cultura

#35 FIOT | Este domingo 8 de novembro, ás 18.00 horas o Auditorio do Pazo da Cultura acolle a Gala Final do XXV Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. Estarán os grupos finalistas (Os Cristinatreiros, do CEIP A Cristina, A Cuarta Revolta, do CEIP As Revoltas, Samaritas e Samaritos, do CPI Cabo da Area, Revoltoxos, do CEIP As Revoltas, Rebolondas, do IES Eduardo Parga Pondal e Nenos do futuro, do IES Eduardo Pondal) xunto a toda a rapazada participante desta edición (arredor de 130 nenas e nenos). Na gala, os grupos finalistas interpretarán ao vivo as súas pezas teatrais e terá lugar a entrega de premios, valorados en 850 euros en libros e material didáctico grazas á colaboración da Librería Brañas Verdes, que este ano recibirá unha placa conmemorativa polo seu apoio.

O acto estará presentado por Alba Bermúdez, da compañía Galeatro, quen, ademais de ser o mestre de cerimonias, amenizará o evento cun espectáculo destinado a público familiar. A continuación, terá lugar unha chocolatada para todas e todos as e os escolares participantes. A entrada é libre ata completar a capacidade do recinto.

Non hai campos definidos para este produto.