A web oficial do concello de Carballo

FIOT en ruta: “Mala vida e pior morte de Ricardo III” de P.T. Excéntricas

19/10/2025
18:00
Serradoiro Eucatar (Sofán)

#34 FIOT | Quen foi Ricardo III de Inglaterra? Un conspirador? Un monstro? Un asasino sen escrúpulos? Neste divertimento cun punto de vista histórico, de lirismo patético pero no que prima o humorístico, o defunto Ricardo III rebatera a historia negra que cae sobre el debido a un tal William Shakespeare, explorando esta manipulación histórica e cultural. Entre táboas e serraduras, nun recuncho do serradoiro do Tarambollo, o actor Evaristo Calvo carga coa coroa e abraiaranos cunha interpretación audaz e cómica na que dá vida a múltiples personaxes e reivindica a humanidade do monarca fronte ao cruel retrato coñecido. Acompañaranos ás raíces máis dignas e máis ridículas do corazón humano.

Este clásico deconstruído e desfiañado é o proxecto máis persoal de Evaristo Calvo e no que leva inmerso varios anos e para o que se acompañou dun diverso equipo e contou coa coprodución do Centro Dramático Galego.

  • Domingo 19 de outubro
  • 18.00 h.
  • Serradoiro Eucatar (O Tarambollo, Sofán)
  • Entrada: 5 €
  • Duración: 75 minutos
  • Público adulto (+ de 12 anos)

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.