A web oficial do concello de Carballo

FIOT en Ruta: “Lubbert” de Inda Pereda

11/10/2026
18:00
Centro social de Cances

#35 FIOT | “Antes de que Adán e Eva pisasen o Xardín do Edén, Deus tiña un plan…”

Lubbert Dash é o primeiro bosquexo dun ser humano na Terra. Vén coñecelo. A el encántalle explorar mundos imaxinarios no seu xardín. Inspirada na enigmática pintura O xardín das delicias de El Bosco, Lubbert Dash é un personaxe tan inocente como disparatado que convida ao público a mergullarse nun universo de situacións absurdas, imaxes surrealistas e criaturas grotescas.

Clown, mimo, teatro físico e humor bufonesco mestúranse nun espectáculo visual delirante que, entre gargalladas, nos fai mirar ao medio ambiente que maltratamos ou ás paixóns, enfrontándonos ás nosas contradicións como humanos.

Inda Pereda é un creador cunha linguaxe propia e contemporánea, especializado en teatro físico e comedia xestual. Este é o seu segundo espectáculo, estreado no London Clown Festival en 2018, e vén avalado por unha longa xira por Europa e América.

  • Domingo 11 de outubro
  • 18.00 h
  • Centro Social de Cances
  • Entrada: 5 €
  • Todos os públicos
  • Duración: 60 minutos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.