A web oficial do concello de Carballo

FIOT en ruta: “Costa da Morte, cartografía dun naufraxio” de Mariña Lestón

12/10/2025
12:30
Praia de Razo

#34 FIOT | Unha viaxe ao pasado do noso mar a través de relatos reais e de cantigas populares interpretadas en directo. Historias sobre naufraxios ocorridos na Costa da Morte que nos levan a lembrar aos que faleceron nestes accidentes e tamén aos que quedaron na terra: as viúvas, os orfos, os que socorreron… Co noso mar de Razo como singular e fermoso escenario, gozaremos desta proposta multidisciplinar na que potentes imaxes e proxeccións, música e cantigas acompañan a relatos que falan da nosa orixe e da realidade que nos rodea, da nosa tradición oral e tamén da nosa memoria.

Esta obra está coproducida polo Centro Dramático Galego e a súa creadora é Mariña Lestón, que contou co apoio dun amplo e potente equipo. A fisterrá, que medrou escoitando falar de naufraxios na Costa da Morte, procura unha linguaxe propia en diálogo coa realidade e identidade galega. Ofrecémosche a oportunidade de mergullarte por completo nesta experiencia sensorial e emocional, participando na ruta pola costa que organiza a Asociación Ambiental Senda Nova, que terá lugar o mesmo día e que rematará co inicio do espectáculo.

Máis información e inscrición na ruta de sendeirismo pola costa Razo-Baldaio para protexer organizada pola Asociación Ambiental Senda Nova.

  • Domingo 12 de outubro
  • 12.30 h.
  • Praia de Razo (zona do parque infantil)
  • Entrada: 5 €
  • Duración: 50 minutos
  • Público adulto
  • A función conta con interpretación en lingua de signos

 

ATAQUILLA.COM

Non hai campos definidos para este produto.