#35 FIOT | “Pensabades que Nabiza Girl morrera, pero estaba de parranda!”
A superheroína galega regresa acompañada do seu inseparable Don Galizo para enfrontarse a unha nova misión: salvar a cultura. Nesta odisea, Isabel Risco e Alberte Bello mergúllannos nunha sucesión de situacións disparatadas nas que se servirán do humor, da retranca e da sátira para reivindicar o feminismo, a lingua ou o noso medio. Unha comedia valente, irreverente e chea de gargalladas que confirma o regreso dunha das heroínas máis singulares e queridas do teatro en Galicia.
Actriz, clown e creadora, Isabel Risco é unha das figuras máis recoñecibles do humor galego, cunha ampla traxectoria no teatro e na televisión.
O almacenamento ou acceso técnico é estritamente necesario co fin lexítimo de permitir o uso dun servizo específico solicitado expresamente polo abonado ou usuario, ou coa única finalidade de realizar a transmisión dunha comunicación a través dunha rede de comunicacións electrónicas.